Boris III de Bulgaria

Infotaula de personaBoris III de Bulgaria

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bg) Борис Клемент Роберт Мария Пий Луи Станислав Ксавие Сакскобургготски Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Sofía, Bulgaria Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Sofía, Bulgaria Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Rila (pt) Traducir
Palácio de Vrana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tsar de Bulgaria
3 de outubro de 1918 – 28 de agosto de 1943
← Fernando I de BulgariaSimeón II de Bulgaria → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSofía Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBulgaria Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónVasil Levski National Military University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítico Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmonarca , militar , oficial , maquinista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua búlgara e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarGeneral of the Infantry (en) Traducir (1938–)
tenente xeneral (1928–)
major-general (pt) Traducir (1918–)
Comandante (1916–)
podpolkovnik (en) Traducir (1916–)
capitán (1912–)
Tenente Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe
Duke in Saxony (en) Traducir
Príncipe de Saxonia-Coburgo e Gotha-Koháry
Prince of Tarnovo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Saxonia-Coburg e Gotha-Koháry Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIoanna (1930–1943), morte da persoa
FillosMaria Luísa da Bulgária (pt) Traducir, Simeón II de Bulgaria Editar o valor em Wikidata
PaisFernando I de Bulgaria Editar o valor em Wikidata  e María Luísa de Borbón-Parma Editar o valor em Wikidata
IrmánsCirilo de Bulgaria, Nadejda de Bulgaria e Eudoxia de Bulgaria Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1404348 WikiTree: Sachsen-Coburg_und_Gotha-48 Find a Grave: 9426828 Editar o valor em Wikidata

Boris III de Bulgaria (en búlgaro: Борис III), nado en Sofía o 30 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 28 de agosto de 1943, foi o penúltimo tsar de Bulgaria. Foi un monarca moi popular entre os seus súbditos, ademais dunha das figuras clave nos Balcáns durante o período de entreguerras e a segunda guerra mundial.

Era o fillo máis vello do tsar Fernando I e accedeu ao trono tras a abdicación do seu pai, acusado de levar a Bulgaria á derrota na Primeira guerra mundial.[1] Asumiu, con só 24 anos, o goberno dun estado arruinado, ao bordo do caos e dividido entre os extremistas de esquerda e dereita. A pesar dos seus esforzos por estabilizar a vida política do seu país, Boris non puido contra o autoritarismo dos seus primeiros ministros Aleksandr Stamboliskii e Aleksandr Tsankov.[2]

Boris foi un filántropo, que adoitaba viaxar polo país para axudar á poboación máis necesitada. Tamén visitou outros países en pro de mellorar a imaxe de Bulgaria tras a primeira guerra mundial. Foi durante un destes viaxes cando coñeceu á princesa Xoana de Savoia, con quen casou en 1930.[3]

En 1934, a depresión económica e os conflitos políticos levaron a un golpe militar organizado e liderado por oficiais do Zveno, que instauraron un réxime ditatorial coa idea de establecer unha república. Boris recuperou o control ao ano seguinte e, para evitar unha nova crise política, impuxo ao país unha ditadura.[4]

Contrario aos métodos brutais dos réximes totalitarios, Boris intentou en balde aproximarse ás democracias occidentais, pero a indiferenza internacional o levou a estreitar relacións coa Alemaña nazi. Como pacifista convencido, intentou manterse neutral durante a segunda guerra mundial; pero, en 1941, co exército alemán na fronteira búlgara, o monarca viuse obrigado a aliñarse co Eixo. A pesar da alianza formal, non participou militarmente no conflito e negouse a deportar os xudeus cara a Alemaña.

En 1943, dúas semanas despois dunha reunión con Adolf Hitler, Boris morreu en estrañas circunstancias. Foi sucedido polo seu fillo Simeón.

  1. Wien 2008, p. 80.
  2. Aslanian 2004, p. 4.
  3. Schaufelberger 1952, p. 3.
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Britannica

Developed by StudentB